RETOS PARA A SEMANA DO 27 DE ABRIL

OLA A TOD@S! ESTES RETOS SON PARA QUE OS INTENTEN CONSEGUIR TODOS OS CURSOS DE PRIMARIA (SOBRE TODO O PARCHÍS, NON ME DIGADES...)

En vista de que imos seguir unhas semaniñas máis confinados, vouvos ir mandando uns retos e unhas actividades semanais para que vaiades practicando.

Estade sentados? Pois arriba que toca mover os pés!!!



Pola miña parte, RETO CONSEGUIDO!!!




Déixovos tamén un divertido xogo de expresión corporal para xogar en familia:

O PARCHÍS DA EXPRESIÓN CORPORAL

A Expresión Corporal busca o desenvolvemento da imaxinación, o pracer polo xogo, a improvisación, a espontaneidade e a creatividade. O resultado é un enriquecemento das actividades cotiás e do crecemento persoal. Por todo iso, dada a rutina que temos que levar nestes días de confinamento, un xogo de expresión corporal pode ser a mellor forma para que toda a familia desconectas un pouco.



Cales son os beneficios da expresión corporal? 
  • Favorecer os procesos de comunicación.
  • Estimular e desenvolver a imaxinación e a creatividade.
  • Desenvolver a percepción, a observación e a escoita.
  • Desenvolver a espontaneidade e unha actitude desinhibida.
  • Mellorar a comunicación para partir da linguaxe non verbal.
  • Fomentar o crecemento persoal a nivel interior e unha actitude reflexiva, permitindo a expresión do “eu” intrínseco do individuo.
  • Exteriorizar as emocións a través do corpo.
  • Estimular o coñecemento persoal e a comunicación interpersoal.
  • Favorecer a aceptación e a valoración da imaxe corporal.

Como se xoga ao Parchís da Expresión Corporal?


O xogo parécese bastante ao parchís común e corrente que cada un ten en casa. A única diferenza é que en cada unha das casas nas que haxa unha imaxe, hai unha proba de expresión corporal que debe representar a persoa que cae nela. Antes de executar a proba (só se estiman oportuno todos os concursantes esta opción: pode escribir nun papel o que vai representar). O resto de participantes deberán prestar moita atención á proba pois a persoa que primeiro acerte o que está a interpretar o compañeiro, poderá sumarse tres casas con calquera das pezas que hai no taboleiro. Para xogar, dado que a inmensa maioría dos taboleiros de parchís son iguais, podedes coller o voso taboleiro e desenvolver a partida botando un ollo ao documento que vos achegamos, co fin de saber en cada momento que é o que o xogador debe interpretar. No caso de que non teñades o parchís, sempre poderedes imprimir o taboleiro que vos achego en tamaño A-3 e xogar sobre o papel impreso =>Descargar o Taboleiro Formato PDF. Podes tamén descargar as regras do xogo formato PDF, detállovolas a continuación:

O Panda
O que caia nesta casa deberá imitar a un animal durante 20 segundos.
O boneco arco iris
O que caia nesta casiña deberá, utilizando só a cara, manifestar unha emoción: tristeza, medo, alegría.
A letra
O que caia nesta casa deberá adoptar unha postura a través da cal o seu corpo represente unha letra.

Deporte
O que caia nesta casa deberá representar durante 20 segundos un deporte, sen utilizar a voz.

Cinema, película, debuxos animados
O que caia nesta casa deberá representar unha película (tamén poden ser debuxos animados) co seu corpo sen utilizar a voz.

ProfesiónO que caia nesta casa deberá representar, con xestos e movementos, unha profesión. Ten para iso 20 segundos.

O Chapeu
O que caia nesta casa deberá coller un obxecto próximo e representar un uso diferente ao que en realidade ten.
O Altofalante
O que caia nesta casa deberá representar un ruído concreto. Exemplo: o renxer dunha porta.

Charlie Chaplin
O que caia nesta casa deberá imitar durante 20 segundos a un personaxe famoso. Pode utilizar para iso a voz.


Carapuchiña
 O que caia nesta casa deberá imitar durante 20 segundos a un personaxe de conto. Pode utilizar a voz.

Números
El que caiga en esta casilla deberá representar  con su cuerpo  un número.

Silvar
O que caia nesta casa deberá tararear unha canción sen nomear nada da súa letra ata que algún pescude de que canción se trata.
Espello
O que caia nesta casa deberá imitar a outro dos xogadores/as. Pode utilizar a voz. Ten para iso 20 segundos.

 

A billa 
O que caia nesta casa deberá imitar cos seus xestos unha acción doméstica: fregar os cacharros, facer a cama, preparar a comida, tender a roupa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

SOBRE RODAS 2

Aquí está a versión definitiva de "Sobre rodas" cos videos que enviastes esta semana. Os/as que ainda non mo mandastes...pois qued...