QUE TODO VAIA SOBRE RODAS

ESTA SEMANA ESTAMOS NA FASE 2 DO PROCESO DE DESCONFINAMENTO. SE TODO VAI BEN, PRONTO PASAREMOS Á FASE 3.
XA PODEMOS IR SAÍNDO DA CASA, SEMPRE CON COIDADIÑO E RESPETANDO AS NORMAS, E FACER ALGUNHA ACTIVIDADE DEPORTIVA AO AIRE LIBRE.
CO RETO DESTA SEMANA TENTAREMOS ADEMÁIS COMPENSAR UNHA ACTIVIDADE QUE TIÑA PENSADO FACER NO COLE SE TODO FOSE "NORMAL".
O RETO CONSISTE EN POÑERSE SOBRE ALGÚN XOGO/XOGUETE/VEHÍCULO QUE NON SEXA DE MOTOR E DESPRAZARNOS SOBRE RODAS. TEDES QUE GRABAR UN VÍDEO DE ENTRE 5 E 10 SEGUNDOS, E MANDARMO AO CORREO DE SEMPRE efponzos@gmail.com
CON TODOS OS QUE RECIBA MONTAREI UNHA PELÍCULA OPTIMISTA ...PARA QUE TODO VAIA SOBRE RODAS!
TEDES DE PRAZO ATA O DOMINGO 7 DE XUÑO ÁS 22:00, QUE LOGO PÓÑOME A MONTAR E XA NON HAI MARCHA ATRÁS.
ÁNIMO!

CAMPIONATO DE XOGOS POPULARES

Boas a todos e todas!
Rematou o campionato de xogos populares das letras galegas de Kahoot e xa temos gañadoras.
Na categoría de Infantil, 1º e 2º quen obtivo maior puntuación foi Luna, de 4 anos. Aquí tedes os resultados:
 ...e na categoría dos maiores, quen levou o premio foi unha nena de 3º!!! ...Inés, que conseguiu saber/acertar o 100% das preguntas (e non eran nada sinxelas)
Xa nos contará como o fixo...
Aquí tedes tamén a clasificación:

Pola miña parte, quedan as dúas propostas como encargadas supremas da Ludoteca de Ponzos para o curso que vén.
Grazas a todos os participantes, espero que o pasarades ben e aprenderades algo máis sobre os nosos xogos.

RETOS DA SEMANA , AINDA NA CASA...

Ola rapazada!
Para esta semana atopei unha oca moi chula con gran de variedade de retos, todos eles bastante asequibles e divertidos. Tedes as instrucións na mesma oca moi clariñas, pero basicamente consiste en tirar o dado e arrastrar as fichas; colocando o cursor en cada casiña vedes o reto que toca e dándolle ao ollo vedes o vídeo correspondente; se superades un reto quedades nesa casiña e tócalle o turno ao seguite e se non o superades volvedes á casiña anterior; gaña o primeiro/a que chegue á casiña 25 e supere o reto que lle poña o xogador/a da súa dereita escolléndoo entre os que este ten superados.

Elixide os 2 ou 3 retos que máis vos gustaran e mandádeme os vídeos (non é obrigatorio, pero encántame vervos! e é única forma que teño de saber que seguides co traballo).

Se non tedes con quen xogar, non vos apetece, sonvos moi difíciles(hai para todos os niveis) ou non vos deixan (en moitos retos hai que usar rollos de papel hixiénico) elixide 2-3 retos e facede só o dos vídeos.

Veña, a superarse!!!


Estes son os retos que elixin eu:


RETOS RETRASADOS

Ola a todos/as.
Esta semana a actividade de EDUCACIÓN FÍSICA para todo o cole é a de participar no CAMPIONATO DE XOGOS POPULARES(teórico) que presento na entrada seguinte.
Para quen teña problemas cos trasnos informáticos, podedes continuar cos retos propostos ata agora e enviarme os videos e fotos a efponzos@gmail.com 
....que a moitos/as ainda non vos vin a cariña!
Un saúdo.

TORNEO DE XOGOS POPULARES- LUDOTECA 2020

Esta semana, con motivo da celebración do Día das letras galegas, imos traballar arredor dos xogos populares e tradicionais galegos.
Levamos varios cursos aprendendo e xogando no cole, pero agora imos ver o que sabemos ou non sabemos dalgúns destes xogos. Organicei un xogo de preguntas e respostas en Kahoot, que estará aberto ata as 23:00 horas do domingo 31 de maio. Ese día saberemos quen é o/a nosa campión/a da ludoteca 2020.
https://kahoot.it/challenge/58898e0f-651c-4c4d-bba3-22546550667f_1589754749247


Hai preguntas sinxelas e outras máis complicadas. Os máis pequenos/as pedide axuda aos maiores da casa, e os maiores lede con atención e usade a intuición cando non vos chegue a memoria.

Podedes xogar dende o ordenador ou instalar a App de kahoot no móbil e xogar con el.
Deberedes poñer un nome de xogador/a e introducir o seguinte pin  para participar no torneo.

INFANTIL, 1º E 2º: 08846885  Para comezar tedes que pinchar AQUÍ

3º, 4º, 5º E 6º:  09481069  Para comezar tedes que pinchar AQUÍ 

A ver se funciona ben! 

RETOS CON RESTOS - XOGOS DE MATERIAL RECICLADO

OLA DE NOVO.

ESTES SON OS RETOS DESTA SEMANA: XOGOS CON MATERIAL RECICLADO.

NA PRESENTACIÓN DE ABAIXO ESTÁN TODOS XUNTOS. PODEDES FACER O QUE VOS VEÑA MELLOR OU VOS PAREZA MÁIS DIVERTIDO. UN SÓ OU VARIOS.
DE TODOS OS XEITOS, A MIÑA RECOMENDACIÓN SERÍA:

E. INFANTIL: TRAGABOLAS OU BOLOS.
1º E 2º: FÚTBOL CHAPAS OU RECEPTÁCULOS.
3º E 4º: RECEPTÁCULOS OU BALONCESTO.
5º E 6º: BALONCESTO.

ADEMAIS, MOITOS DE VÓS AINDA NON ENVIASTES OS RETOS ANTERIORES. ASI QUE  SIGO AGARDANDO...
LEMBRADE ENVIAR FOTOS OU VIDEOS A efponzos@gmail.com
ÁNIMO!!!



width="1200px">
Eu conseguín superar o de baloncesto...non sen traballo (e case destrozo o cadro da parede e as luces do teito- escollede ben o lugar e o tipo de pelota). 

RETO 1 EN PLAN BONITO

RETO 2. E. INFANTIL E 1º E 2º DE PRIMARIA...E TODOS OS DEMAIS SE QUEREDES.

OLA RAPACES E RAPAZAS. PARA ESTA SEMANA TEDES COMO RETO, ADEMAIS DE TENTALO COS MALABARES, FACER OS SEGUINTES XOGOS CUN GLOBO DENTRO DA CASA (COA PELOTA NON XOGUEDES, QUE LOGO OS PAIS/NAIS FANME PAGAR A MÍN OS PRATOS ROTOS)

- GOLPEAR O GLOBO CON TODAS ASPARTES DO CORPO SEN QUE CAIA AO CHAN.
- SAINDO DUN PUNTO DA CASA, PERCORRER TODA A CASA LEVANDO O GLOBO PEGADO Á PUNTA DUN DEDO DA MAN...SEN QUE CAIA.
- XOGAR AO TENIS GOLPEANDO O GLOBO CUNHA CULLER (O GARFO E O COITELO MELLOR NON), UNHA LIBRETA, LIBRO, OU CALQUERA COUSA QUE VOS PAREZA AXEITADA.
- BOTADE UNHA CARREIRA CON OUTRA PERSOA DA CASA OU CON VÓS MESMOS(CRONOMETRANDO O TEMPO) LEVANDO O GLOBO DUN LUGAR A OUTRO A BASE DE GOLPECIÑOS COA CABEZA.
- CALQUERA OUTRA COUSA QUE SE VOS OCURRA ATA QUE O GLOBO ESTOUPE...(SE VOS LEVADES BEN COS/AS VECIÑ@S)

SE QUEREDES ENVIAR ALGUNHA "PROBA" (IMAXE, VIDEO OU EXPLICACIÓN) DO BEN QUE O FIXESTES, FACÉDEO A efponzos@gmail.com.

RETO 1. SEMANA DO 4 DE MAIO. TODOS OS CURSOS DE PRIMARIA.

OLA OUTRA VEZ, RAPACES E RAPAZAS!
O RETO DA SEMANA PASADA DEBEU SER DIFÍFIL, QUE POUCA XENTE SE ATREVEU, ASÍ QUE O DESTA SEMANA VAI CON 3 NIVEIS DE DIFICULTADE...PARA QUE NINGUÉN TEÑA ESCUSA.
SE VOS ANIMADES A ENVIARME OS VIDEOS DO BAILE, A ORIENTACIÓN OU O PARCHÍS, XUNTO CO DESTA SEMANA, FACÉDEO A efponzos@gmail.com, QUE PROBABLEMENTE NOS DEA MENOS PROBLEMAS QUE O OUTRO.

AÍ VAI ENTÓN:
ESTA SEMANA IMOS FACER UNHA ACTIVIDADE DE COORDINACIÓN (OLLO-MAN) QUE XA TEMOS FEITO, CON MAIOR OU MENOR GRAO DE DIFICULTADE, NOUTRAS OCASIÓNS...OS MALABARISMOS.

COMEZAREMOS TOD@S POLO NIVEL 1, E IREMOS PRACTICANDO ATA ONDE SEXAMOS CAPACES.
A IDEA É QUE OS/AS DE 1º E 2º  FAGAN, POLO MENOS, O NIVEL 1; OS DE 3º E 4º O NIVEL 2 E OS DE 5º E 6º CHEGUEN AO NIVEL 3 E O SUPEREN.
ESTES SON OS VÍDEOS:

RETOS PARA A SEMANA DO 27 DE ABRIL

OLA A TOD@S! ESTES RETOS SON PARA QUE OS INTENTEN CONSEGUIR TODOS OS CURSOS DE PRIMARIA (SOBRE TODO O PARCHÍS, NON ME DIGADES...)

En vista de que imos seguir unhas semaniñas máis confinados, vouvos ir mandando uns retos e unhas actividades semanais para que vaiades practicando.

Estade sentados? Pois arriba que toca mover os pés!!!



Pola miña parte, RETO CONSEGUIDO!!!




Déixovos tamén un divertido xogo de expresión corporal para xogar en familia:

O PARCHÍS DA EXPRESIÓN CORPORAL

A Expresión Corporal busca o desenvolvemento da imaxinación, o pracer polo xogo, a improvisación, a espontaneidade e a creatividade. O resultado é un enriquecemento das actividades cotiás e do crecemento persoal. Por todo iso, dada a rutina que temos que levar nestes días de confinamento, un xogo de expresión corporal pode ser a mellor forma para que toda a familia desconectas un pouco.



Cales son os beneficios da expresión corporal? 
  • Favorecer os procesos de comunicación.
  • Estimular e desenvolver a imaxinación e a creatividade.
  • Desenvolver a percepción, a observación e a escoita.
  • Desenvolver a espontaneidade e unha actitude desinhibida.
  • Mellorar a comunicación para partir da linguaxe non verbal.
  • Fomentar o crecemento persoal a nivel interior e unha actitude reflexiva, permitindo a expresión do “eu” intrínseco do individuo.
  • Exteriorizar as emocións a través do corpo.
  • Estimular o coñecemento persoal e a comunicación interpersoal.
  • Favorecer a aceptación e a valoración da imaxe corporal.

Como se xoga ao Parchís da Expresión Corporal?


O xogo parécese bastante ao parchís común e corrente que cada un ten en casa. A única diferenza é que en cada unha das casas nas que haxa unha imaxe, hai unha proba de expresión corporal que debe representar a persoa que cae nela. Antes de executar a proba (só se estiman oportuno todos os concursantes esta opción: pode escribir nun papel o que vai representar). O resto de participantes deberán prestar moita atención á proba pois a persoa que primeiro acerte o que está a interpretar o compañeiro, poderá sumarse tres casas con calquera das pezas que hai no taboleiro. Para xogar, dado que a inmensa maioría dos taboleiros de parchís son iguais, podedes coller o voso taboleiro e desenvolver a partida botando un ollo ao documento que vos achegamos, co fin de saber en cada momento que é o que o xogador debe interpretar. No caso de que non teñades o parchís, sempre poderedes imprimir o taboleiro que vos achego en tamaño A-3 e xogar sobre o papel impreso =>Descargar o Taboleiro Formato PDF. Podes tamén descargar as regras do xogo formato PDF, detállovolas a continuación:

O Panda
O que caia nesta casa deberá imitar a un animal durante 20 segundos.
O boneco arco iris
O que caia nesta casiña deberá, utilizando só a cara, manifestar unha emoción: tristeza, medo, alegría.
A letra
O que caia nesta casa deberá adoptar unha postura a través da cal o seu corpo represente unha letra.

Deporte
O que caia nesta casa deberá representar durante 20 segundos un deporte, sen utilizar a voz.

Cinema, película, debuxos animados
O que caia nesta casa deberá representar unha película (tamén poden ser debuxos animados) co seu corpo sen utilizar a voz.

ProfesiónO que caia nesta casa deberá representar, con xestos e movementos, unha profesión. Ten para iso 20 segundos.

O Chapeu
O que caia nesta casa deberá coller un obxecto próximo e representar un uso diferente ao que en realidade ten.
O Altofalante
O que caia nesta casa deberá representar un ruído concreto. Exemplo: o renxer dunha porta.

Charlie Chaplin
O que caia nesta casa deberá imitar durante 20 segundos a un personaxe famoso. Pode utilizar para iso a voz.


Carapuchiña
 O que caia nesta casa deberá imitar durante 20 segundos a un personaxe de conto. Pode utilizar a voz.

Números
El que caiga en esta casilla deberá representar  con su cuerpo  un número.

Silvar
O que caia nesta casa deberá tararear unha canción sen nomear nada da súa letra ata que algún pescude de que canción se trata.
Espello
O que caia nesta casa deberá imitar a outro dos xogadores/as. Pode utilizar a voz. Ten para iso 20 segundos.

 

A billa 
O que caia nesta casa deberá imitar cos seus xestos unha acción doméstica: fregar os cacharros, facer a cama, preparar a comida, tender a roupa.

SESIÓN DE PSICOMOTRICIDADE-INFANTIL

 Dentro do proxecto EmonionArte, propomos unha serie de estatuas ou esculturas coa seguinte indicación: 

Trátase de que os nenos e nenas adopten esas posturas ou xestos da maneira máis fiel que poidan, transformando o seu corpo en pedra ou bronce por uns segundos. 
 Podedes mandar as fotos (efponzos@gmail.com) e logo xuntámolas todas, a ver que tal nos sae! Ánimo e unha aperta forte para todas e todos! Podedes mandar fotos e logo as xuntamos todas, a ver que tal nos sae! 

 Ánimo 

 DISCÓBOLO 


 GUERREIRO. ESCULTURA FRANCISCO LEIRO - FERROL



 
 MONUMENTO RICARDO CARVALHO - SANTIAGO



  PENSADOR


 SURFISTAS – A CORUÑA


 ...e se se anima alguén que non sexa de Infantil...ADIANTE!

OCIO EN CUARENTENA

ENLACE

ENLACES PARA NAVEGAR POLA WEB E FACER EXERCICIO


AQUÍ TEDES UNS ENLACES A VÍDEOS  QUE VOS FAGAN DE MONITORES OU APORTEN IDEAS PARA FACER ACTIVIDADE FÍSICA DENDO DAS VOSAS VIVENDAS:

https://www.youtube.com/watch?v=jMOZz7GHaog       Ioga imitando animais

https://www.youtube.com/watch?v=3bjggxDiXyk           Sesión de Ioga

https://www.youtube.com/watch?v=nNbRQX8yJWs       Sesión de Ioga

https://www.youtube.com/watch?v=3LAHjw1umTI        Sesión de Ioga

https://www.youtube.com/watch?v=L_W4F6_c2Jg         Zumba para estar a tope

https://www.youtube.com/watch?v=TStEzVUqtUU         Ximnasia para a familia

https://www.youtube.com/watch?v=HcUOM5XkeyM    Para os máis maiores…a ver canto aguantades!

https://www.youtube.com/watch?v=Gn7k_xNXYBc        Xogos variados en casa

https://www.youtube.com/watch?v=QHMk0MUJcEA     Distintos xogos en casa

CONSELLOS DE EF NO CONFINAMENTO


EDUCACIÓN FÍSICA:
Dende a área de Educación Física aportamos unhas suxerencias que poidan servir para que, a pesar do confinamento nas nosas vivendas e da conseguinte falta de espazo, teñamos un día a día o máis activo posible. A  actividade física vai repercutir positivamente no estado de ánimo  dos nenos e nenas ( e de toda a familia) e facer que soporten de mellor maneira esta situación coa que estamos aprendendo a convivir. Non son deberes! ...só uns consellos para manterse “ en forma” e divertirse en familia. Cada quen o adaptará ao espazo do que dispoña na súa vivenda, os que teñan unha terraciña ou un pedazo de campo...pois que sorte!

RUTINAS:
- Cada día podemos facer un pequeno circuíto de axilidade e forza. Por exemplo: 30 segundos de actividade e 1 minuto de descanso. Podedes variar os tempos en función do voso estado de forma. Poden ser abdominais, flexións de brazos, saltos con xeonllos arriba, subir e baixar un escalón alternando as pernas….podedes atopar moitos exemplos en internet.
- Ioga ou estiramentos en familia: atoparedes moitos exemplos guiados en Youtube.
- Vídeos explicativos e guiados de Aerobic, Zumba, Bailes de salón….

XOGOS:
- Enredos ou Twister: se non o temos podemos construílo con papeis de cores e celo.
- Dar a volta á tortilla (os nenos/as xa saben)
- Palmadas.(velocidade de mans)
- Pelexa de galos (en cuclillas empurrando coas palmas das mans)
- A comba
- Xadrez(Todos os nenos/as saben)
- Mariola, Rayuela(a chapa)
- ….

ALIMENTACIÓN:
Como o gasto de calorías nestes días vai ser moito menor, deberíamos inxerir alimentos baixos en carbohidratos e graxas, e ricos en vitaminas, fibra, proteínas…
É dicir, outro problema máis cos nenos/as, porque o que máis lles gusta (pasta, patacas, pizza, chuches, arroz…) é o que menos debemos comer agora, porque todo o que non gastemos coa actividade diaria váisenos transformar en graxas. De todas maneiras, estando como está o tema de ir á compra, comeremos o que poidamos.

Moito ánimo! e mantede o corpo e a mente sempre activa!
Un saúdo.

SOBRE RODAS 2

Aquí está a versión definitiva de "Sobre rodas" cos videos que enviastes esta semana. Os/as que ainda non mo mandastes...pois qued...