SOBRE RODAS 2

Aquí está a versión definitiva de "Sobre rodas" cos videos que enviastes esta semana. Os/as que ainda non mo mandastes...pois queda para outra. Acción!

REMATAMOS O CURSO

CHEGAMOS AO REMATE DESTE ESTRANO CURSO. XA ESTÁN AQUÍ AS VACACIÓNS, QUE ESPERAMOS QUE NOS LEVEN A UN CURSO "O MÁIS NORMAL POSIBLE" A PARTIR DE SETEMBRO. REMATAN OS RETOS PROPOSTOS PARA DINAMIZAR E MANTER O TRABALLO DE EDUCACIÓN FÍSICA NESTE TEMPO DE CONFINAMENTO. A SEMANA PASADA NON HOUBO NINGUNHA PROPOSTA, MOITOS/AS APROVEITASTES PARA ENVIAR VIDEOS DOS TRABALLOS ANTERIORES(MOI BEN). ENTRE ELES, HAI ALGÚNS VÍDEOS "SOBRE RODAS" QUE INTEGRAREI NO VÍDEO DA SEMANA PASADA PARA FACER A VERSIÓN DEFINITIVA, QUE PUBLICAREI MAÑÁ.
...PERO NON NOS IMOS DESPEDIR SEN PROPOÑER UN ÚLTIMO RETO, MOI SINXELO DE EXPLICAR E COMPRENDER, PERO QUE REQUIRE O SEU ESFORZO. DENDE QUE SON PROFE DE EDUCACIÓN FÍSICA, CADA POUCO TEMPO ME SORPRENDE O COMENTARIO DUN NENO OU NENA, QUE DURANTE AS ACTIVIDADES DA CLASE ME COMENTA: "ARTURO, ESTOU SUDANDO" COMO SE FORA UNHA NOVIDADE OU SORPRESA PARA EL/ELA.
SUDAR É MOI NECESARIO CANDO SE FAI UN EXERCICIO FÍSICO INTENSO, FAI QUE O CORPO REGULE A SÚA TEMPERATURA, PERO ADEMAIS, PENSO EU, SENTA MOI BEN! QUEDAS COMO NOVO AO REMATAR, "PURIFICADO/A". POIS BEN, O RETO DESTA SEMANA (OU SE QUEREDES DO RESTO DO VERÁN, TAMÉN)  É QUE ME ENVIEDES UNHA FOTO BEN SUDADOS/AS. ISO QUERERÁ DICIR QUE FIXESTES UN BO ESFORZO E QUE VOS MANTEDES ACTIVOS/AS E EN FORMA.
 AH!...E NON FAGADES TRAMPIÑAS. NON VALE SACARSE A FOTO AO SAÍR DA DUCHA, DA PISCINA OU DO MAR; TAMPOUCO VALE MOLLARSE NUN DOS DÍAS DE CHUVIA QUE VIRÁN COA "NOVA NORMALIDADE". TEN QUE SER FROITO DO ESFORZO. MOITAS GRACIAS POR PARTICIPAR NAS ACTIVIDADES, ESPERO QUE NOS VEXAMOS POLA COMARCA E COA MAIOR NORMALIDADE NO COLE EN SETEMBRO. UNHA APERTA A TODAS/OS. ESPERO AS VOSAS FOTOS.

Sobre rodas

Xa temos aquí o video coas vosas andanzas rodantes!
Moitas grazas a todos/as os participantes.
Espero que vos guste.
A ver quen é capaz de recoñecer a todos e todas os rodadores...

QUE TODO VAIA SOBRE RODAS

ESTA SEMANA ESTAMOS NA FASE 2 DO PROCESO DE DESCONFINAMENTO. SE TODO VAI BEN, PRONTO PASAREMOS Á FASE 3.
XA PODEMOS IR SAÍNDO DA CASA, SEMPRE CON COIDADIÑO E RESPETANDO AS NORMAS, E FACER ALGUNHA ACTIVIDADE DEPORTIVA AO AIRE LIBRE.
CO RETO DESTA SEMANA TENTAREMOS ADEMÁIS COMPENSAR UNHA ACTIVIDADE QUE TIÑA PENSADO FACER NO COLE SE TODO FOSE "NORMAL".
O RETO CONSISTE EN POÑERSE SOBRE ALGÚN XOGO/XOGUETE/VEHÍCULO QUE NON SEXA DE MOTOR E DESPRAZARNOS SOBRE RODAS. TEDES QUE GRABAR UN VÍDEO DE ENTRE 5 E 10 SEGUNDOS, E MANDARMO AO CORREO DE SEMPRE efponzos@gmail.com
CON TODOS OS QUE RECIBA MONTAREI UNHA PELÍCULA OPTIMISTA ...PARA QUE TODO VAIA SOBRE RODAS!
TEDES DE PRAZO ATA O DOMINGO 7 DE XUÑO ÁS 22:00, QUE LOGO PÓÑOME A MONTAR E XA NON HAI MARCHA ATRÁS.
ÁNIMO!

CAMPIONATO DE XOGOS POPULARES

Boas a todos e todas!
Rematou o campionato de xogos populares das letras galegas de Kahoot e xa temos gañadoras.
Na categoría de Infantil, 1º e 2º quen obtivo maior puntuación foi Luna, de 4 anos. Aquí tedes os resultados:
 ...e na categoría dos maiores, quen levou o premio foi unha nena de 3º!!! ...Inés, que conseguiu saber/acertar o 100% das preguntas (e non eran nada sinxelas)
Xa nos contará como o fixo...
Aquí tedes tamén a clasificación:

Pola miña parte, quedan as dúas propostas como encargadas supremas da Ludoteca de Ponzos para o curso que vén.
Grazas a todos os participantes, espero que o pasarades ben e aprenderades algo máis sobre os nosos xogos.

RETOS DA SEMANA , AINDA NA CASA...

Ola rapazada!
Para esta semana atopei unha oca moi chula con gran de variedade de retos, todos eles bastante asequibles e divertidos. Tedes as instrucións na mesma oca moi clariñas, pero basicamente consiste en tirar o dado e arrastrar as fichas; colocando o cursor en cada casiña vedes o reto que toca e dándolle ao ollo vedes o vídeo correspondente; se superades un reto quedades nesa casiña e tócalle o turno ao seguite e se non o superades volvedes á casiña anterior; gaña o primeiro/a que chegue á casiña 25 e supere o reto que lle poña o xogador/a da súa dereita escolléndoo entre os que este ten superados.

Elixide os 2 ou 3 retos que máis vos gustaran e mandádeme os vídeos (non é obrigatorio, pero encántame vervos! e é única forma que teño de saber que seguides co traballo).

Se non tedes con quen xogar, non vos apetece, sonvos moi difíciles(hai para todos os niveis) ou non vos deixan (en moitos retos hai que usar rollos de papel hixiénico) elixide 2-3 retos e facede só o dos vídeos.

Veña, a superarse!!!


Estes son os retos que elixin eu:


RETOS RETRASADOS

Ola a todos/as.
Esta semana a actividade de EDUCACIÓN FÍSICA para todo o cole é a de participar no CAMPIONATO DE XOGOS POPULARES(teórico) que presento na entrada seguinte.
Para quen teña problemas cos trasnos informáticos, podedes continuar cos retos propostos ata agora e enviarme os videos e fotos a efponzos@gmail.com 
....que a moitos/as ainda non vos vin a cariña!
Un saúdo.

TORNEO DE XOGOS POPULARES- LUDOTECA 2020

Esta semana, con motivo da celebración do Día das letras galegas, imos traballar arredor dos xogos populares e tradicionais galegos.
Levamos varios cursos aprendendo e xogando no cole, pero agora imos ver o que sabemos ou non sabemos dalgúns destes xogos. Organicei un xogo de preguntas e respostas en Kahoot, que estará aberto ata as 23:00 horas do domingo 31 de maio. Ese día saberemos quen é o/a nosa campión/a da ludoteca 2020.
https://kahoot.it/challenge/58898e0f-651c-4c4d-bba3-22546550667f_1589754749247


Hai preguntas sinxelas e outras máis complicadas. Os máis pequenos/as pedide axuda aos maiores da casa, e os maiores lede con atención e usade a intuición cando non vos chegue a memoria.

Podedes xogar dende o ordenador ou instalar a App de kahoot no móbil e xogar con el.
Deberedes poñer un nome de xogador/a e introducir o seguinte pin  para participar no torneo.

INFANTIL, 1º E 2º: 08846885  Para comezar tedes que pinchar AQUÍ

3º, 4º, 5º E 6º:  09481069  Para comezar tedes que pinchar AQUÍ 

A ver se funciona ben! 

RETOS CON RESTOS - XOGOS DE MATERIAL RECICLADO

OLA DE NOVO.

ESTES SON OS RETOS DESTA SEMANA: XOGOS CON MATERIAL RECICLADO.

NA PRESENTACIÓN DE ABAIXO ESTÁN TODOS XUNTOS. PODEDES FACER O QUE VOS VEÑA MELLOR OU VOS PAREZA MÁIS DIVERTIDO. UN SÓ OU VARIOS.
DE TODOS OS XEITOS, A MIÑA RECOMENDACIÓN SERÍA:

E. INFANTIL: TRAGABOLAS OU BOLOS.
1º E 2º: FÚTBOL CHAPAS OU RECEPTÁCULOS.
3º E 4º: RECEPTÁCULOS OU BALONCESTO.
5º E 6º: BALONCESTO.

ADEMAIS, MOITOS DE VÓS AINDA NON ENVIASTES OS RETOS ANTERIORES. ASI QUE  SIGO AGARDANDO...
LEMBRADE ENVIAR FOTOS OU VIDEOS A efponzos@gmail.com
ÁNIMO!!!



width="1200px">
Eu conseguín superar o de baloncesto...non sen traballo (e case destrozo o cadro da parede e as luces do teito- escollede ben o lugar e o tipo de pelota). 

RETO 1 EN PLAN BONITO

SOBRE RODAS 2

Aquí está a versión definitiva de "Sobre rodas" cos videos que enviastes esta semana. Os/as que ainda non mo mandastes...pois qued...